Lobbies
Con quen se reúnen os catro eurodeputados: empresas, asociacións, ONG e institucións públicas, segundo as reunións que eles mesmos declaran.
Só é obrigatorio publicar as reunións como relator, relator alternativo ou presidente de comisión, e só sobre os expedientes que levan; as demais publícanse de forma voluntaria.
Con quen se reúnen
Organizacións con dúas reunións ou máis, de máis a menos. A mesma organización escrita de varios xeitos conta como unha.
Contactos máis frecuentes de cada eurodeputado
Sobre que se reúnen
Por comisión
«Xeral»: a reunión non está ligada a ningunha comisión. Unha reunión con varias comisións conta en cada unha.
Expedientes con reunións
Cando se reúnen
Ver
En que papel se reúne cada eurodeputado
Publicar é obrigatorio só nas reunións como relator, relator alternativo ou presidente de comisión; como membro, é voluntario. Todas as barras usan a mesma escala.
Todas as reunións
Busca no tema e nos nomes das organizacións, tal como se declararon e unificados.
Capacidade
Comisión
Como se conta
- Cando é obrigatorio publicalas: os eurodeputados só están obrigados a publicar as reunións que teñen como relatores, relatores alternativos (shadow) ou presidentes de comisión, e só as que tratan sobre os expedientes que levan. As demais publícanse de forma voluntaria.
- Capacidade: o papel do eurodeputado na reunión. Relatoría (rapporteur), relatoría alternativa (shadow rapporteur), as dúas «de opinión» cando o informe é doutra comisión, presidencia de comisión, ou membro (sen ningún deses papeis).
- Xerais ou de comisión: unha reunión é xeral cando non está ligada a ningunha comisión. O expediente, cando o hai, é o procedemento do Parlamento, co seu código, como 2025/0406(COD), e o seu nome oficial en castelán. O código leva á súa ficha no Observatorio Lexislativo do Parlamento, que está en inglés.
- Nomes das organizacións: cada eurodeputado escribe os nomes á man, así que a mesma organización aparece ás veces de varios xeitos («EUROPECHE», «Europêche»). Unificámolos só cando é claramente a mesma organización; as filiais e os membros nacionais dunha federación seguen separados. A busca atopa tanto o nome declarado coma o unificado.
- Institucións públicas: gobernos e as súas consellerías ou ministerios, embaixadas e representacións permanentes, institucións e axencias da UE, parlamentos, autoridades portuarias e organismos internacionais. As universidades, os colexios profesionais e as empresas públicas non contan como tales. Unha reunión é «con institucións públicas» se algunha das súas organizacións o é.
- Os temas das reunións aparecen tal como os escribiu cada eurodeputado, a miúdo en inglés.